Susa Herrera naceu en Santander e é profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo.
É autora de moitos contos para nenos, e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e pódense bailar. Isto sábeno moi ben moitos nenos e nenas de toda España, e tamén os profesores e profesoras, usuarios das súas guías didácticas para traballarse nas aulas. Cartas que veñen e van é o seu primeiro traballo para a Editorial Galaxia.