Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e Doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Barcelona, traballa como autónomo do sector editorial e é profesor da Escola de Lletres. Publicou tres libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014) traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017) e A vida salvaxe (Pen Club, 2018), con versión catalá do propio autor (Godall, 2019). Pola súa obra poética recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Asociación Española de Críticos Literarios en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e o Premio de Poesía Afundación en 2018.
Diario dun enterro é a súa primeira novela.