Nado en Pontevedra en 1965, é activista social e analista sobre a realidade galega con varios artigos e obras publicadas. Tamén participa como docente e ponente de diferentes iniciativas (durante o período 2003-2008 colaborou co máster de Cooperación Internacional e Xestión de ONGs da Facultade de Ciencias Políticas e Administración Pública).
Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de compostela, nela realizou o máster de posgrao «Filosofía: cuestións actuais» no curso 2010-2011. É doutor polo Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC (2015) coa tese Movementos sociais e altermundismo en Galicia: De Nunca Máis a AGE (2002-2012).
Coordinou o Grupo Parlamentario Mixto no Parlamento de Galicia durante a V lexislatura. Entre 1999 e 2007 dirixiu a ONG Amarante, da que foi fundador, e desde 2015 dirixe o Foro de pensamento ecosocialista OBenComún. Actualmente está vinculado a Marea Pontevedra.
A súa web é www.xoanhermida.eu