Gutiérrez Alonso, Eva

Eva Gutiérrez Alonso
Gutiérrez Alonso, Eva

naceu en Vigo en 1970. Licenciouse en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e, aínda que exerceu pouco tempo, mantén o interese por observar o comportamento humano, incluído o propio. O seu traballo nun colexio de Infantil e Primaria deulle a oportunidade de redescubrir o seu gusto por escribir e contar contos. A partir de aí, participa en varios concursos de relatos e microrrelatos, onde obtivo algúns premios, e asiste a obradoiros literarios. O resultado desa combinación é este conxunto de relatos, a súa primeira obra publicada.

As súas obras

A discreta beleza dos tulipáns
9788411762175
16.00€ CON IVE