Greene, Graham

graham greene
Greene, Graham

Graham Greene (Berkhamsted, Inglaterra 1904- Vevey, Suíza 1991) escribiu novelas que se contan entre as máis populares da narrativa inglesa contemporánea, como O poder e a gloria, O revés da trama, A fin da aventura, O noso home na Habana, O americano impasible ou O factor humano. As novelas de Greene, que se converteu ó catolicismo en 1927, están escritas cun estilo realista e lacónico, sen que falten nelas nin a ironía nin o suspense. Os seus personaxes adoitan moverse en situacións perigosas (guerras, dictaduras, espionaxe, crimes) nas que se ven obrigados a enfrontar conflictos éticos de difícil resolución. A combinación de todos estes factores fai de Graham Greene un dos escritores británicos máis persistentemente lidos e admirados en todo o mundo.

As súas obras

O terceiro home
foto
esgotado