Naceu en Bos Aires (Arxentina) en 1952. Fillo de emigrantes, trasládase definitivamente a Galicia en 1969. Este poeta iniciou a súa produción literaria na década dos oitenta. O seu primeiro libro, A caneiro cheo, recibiu en 1986 os premios Esquío e Losada Diéguez. Co seu segundo poemario, Remol das travesías, obtivo o premio da Asociación de la Crítica Española en 1990. En 1998 reuniu o primeiro ciclo da súa produción poética no volume Madeira do meu canto / Madera de mi canto, en edición bilingüe, galego-castelán. O seu poemario Estúrdiga materia recibiu en 2009 o Premio da Crítica-Galicia.
É presidente do PEN Club de Escritores de Galicia e fundador e exdirector da revista Dorna.
En 2015 foi nomeado membro correspondente da Academia Arxentina das Letras.