Carmen Gil ten máis de noventa libros publicados. Foi traducida a unha quincena de idiomas. A súa obra, La sonrisa de Daniela, foi distinguida cun «White Raven», concedido pola Biblioteca Internacional Jugend de Munich (Alemania). É creadora do portal de poesía infantil Cosicosas. Dá cursos de poesía infantil e charlas de animación á lectura. Obtivo a Medalla de Oro al Mérito en Educación en Andalucía 2011, polo seu labor de animación á lectura, concedida pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía. Ten unha páxina web (www.poemitas.com) que achega a súa obra a todos os nenos do mundo.