Genet, Jean

jean
Genet, Jean

Jean Genet (1910-1986), dramaturgo, novelista, poeta e activista político francés. Os inicios da súa vida foron especialmente duros; abandonado pola súa nai, foi criado en varias familias adoptivas e finalmente recluído nun centro de acollida. Tivo múltiples problemas coa xustiza e estadías no cárcere. Todo este periplo aparece recollido nas novelas Le Journal du voleur e Notre-Dame-des-Fleurs.

Como dramaturgo, é autor dunha obra que figura entre as máis interesantes e representadas do século XX, obra da que cómpre salientar Les Nègres, Les Paravents e Haute surveillance.

As súas obras

As criadas. O balcón
criadas
22.00€ CON IVE