Antoni Garcia Llorca (Barcelona, 1971) é un dos autores máis coñecidos e lidos da literatura infantil e xuvenil catalá, tamén dos maís enxalzados pola crítica e os xurados dos premios literarios en lingua catalá. É moi salientable a súa capacidade para dialogar literariamente coa natureza, tamén a fondura da súa ollada sobre a vida, en calquera das súas facetas.