Gallego, Olga

olga
Gallego, Olga

Historiadora (Ourense, 1923). Cursou Filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1955 ingresou por oposición no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Tres anos despois, por nova oposición, ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e foi destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. Nesta cidade realizou un importante labor, non só á fronte dos organismos que dirixiu, senón que tamén verificou os catálogos da Fundación Penzol, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene, o da biblioteca da Caixa de Aforros e tamén colaborou durante tres veráns na catalogación da biblioteca do Mosteiro de Guadalupe, en Cáceres.

As súas obras

Guía das coleccións bibliograficas e documentais da Fundación Penzol
9788430027460
esgotado