Nado en Marín en 1946, é un dos maiores investigadores actuais no que se refire ás técnicas antigas da fotografía. Con múltiples exposicións tanto en Galicia coma no resto do Estado, o seu labor coa imaxe procura afondar nas orixes do oficio para acadar a expresión única e reveladora dos que foran pioneiros do daguerrotipo ou a intensidade da escola pictorialista.