G. Barral, José

José G. Barral
G. Barral, José

(Vigo, 1959). Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade compostelá, opositou a mestre de Educación Infantil e logo cambiou o seu desempeño profesional na escola pública cara á orientación educativa.

Os seus primeiros escritos centráronse na educación, comezando cun caderno sobre Educación Infantil ao fío da reforma educativa do ano 1990, e logo colaborou con regularidade na revista Trabajadores de la Enseñanza.

En 2008 publicou o seu primeiro libro, Por catro perras. Guía de tascas e tabernas de Vigo, ao que lle seguiu a novela Último peaje (2011), unha obra onde a acción transcorre a cabalo da Compostela dos anos setenta e o Vigo de comezos do século XXI.

As súas obras

Cruzados polo camiño
9788491518495
23.90€ CON IVE