Gerd Fuchs naceu en Nonnweiler, unha pequena vila da rexión alemana do Sarre, en 1932. Estudou Literatura inglesa e xermana en Colonia, Múnic e Londres e traballou nas redaccións dos máis importantes xornais e revistas de Alemaña, como Die Welt e Der Spiegel. Na actualidade, dedícase profesionalmente á literatura e ao xornalismo independente. Fuchs é autor de varias novelas que o converteron nun escritor ben coñecido no seu país natal. Noites no mar é a súa primeira obra traducida ao galego.