Xavier Frías Conde (Béjar, Salamanca, 1965) é cidadán do mundo no sentido máis real do termo. Viviu en moitos sitios: Salamanca, León, Madrid e Toledo. Agora vive a cabalo entre A Mancha e Bohemia. Traballa como profesor na UNED e dedica a maioría do seu tempo á creación literaria e a viaxar. As súas paixóns son as linguas e os blogues na internet. Como autor, publicou máis dunha ducia de textos de Literatura Infantil e Xuvenil, mais tamén de poesía e narrativa para adultos.
En 2012 foi un dos finalistas do XXI Premio Edebé de Literatura Infantil.