Nacido en Vigo en 1943, dedicouse á mariña e á banca e logo foi xerente en Edicións Xerais de Galicia e Publicacións Don Quixote en Portugal. Iniciouse na creación literaria como guionista de As aventuras dun neno galego, destinadas a divulgar a historia de Galicia entre o público infantil. Co pseudónimo de Joaquim Fraiña publicou unha novela de xénero negro, Blues para un asasino. First we take Manhattan (1994). Tamén é autor de Contra Mar (1995) e Matalote (2000).