(Sangiano, Varese, 1926 – Milán, 2016). Autor, director e actor teatral, recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1997. En 1959 fundou, coa súa esposa, Franca Rame, a compañía teatral Dario Fo-Franca Rame, para en 1968 crear a compañía Nuova Scena, na procura dun teatro autenticamente popular, crítico, social e que fose politicamente eficiente, que se transformou no Colectivo Teatral La Comune, independente e autoxestionado, que foi obxecto dun atentado fascista en 1978. Escribiu e representou máis de de cincuenta obras, sátiras políticas reivindicativas contra o poder, o capitalismo, a mafia e a Igrexa.