Luce Fillol naceu en Alxeria en 1918, no seo dunha familia de colleiteiros franceses. Estudou Maxisterio e exerceu o ensino por todo o territorio alxeriano. Desde a súa chegada a Francia en 1962, no éxodo subseguinte á independencia de Alxeria, traballou durante dez anos como responsable dun centro de animación socio-cultural e desenvolveu unha brillante carreira literaria, dedicándose preferentemente ao público xuvenil. As súas máis de trinta obras publicadas merecéronlle un amplo recoñecemento da crítica e dos lectores, chegando a obter unha mención de honra no Premio Andersen.