Antropólogo social, nado en Sobrado dos Monxes en 1946. Foi fundador e director do Laboratorio Ourensán de Antropoloxía Social. É membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega. Entre as súas publicacións destacan Antropoloxía dunha parroquia rural galega, O afiador e Os saberes tradicionais dos galegos.