Profesora, impartiu aulas en diversos centros do Ensino Público, en diferentes niveis. Exerceu nos últimos dez anos o seu labor dentro da Pedagoxía Hospitalaria. Sempre manifestou unha especial sensibilidade cara á Educación en Valores e a Educación Emocional. Dedicou gran parte do seu tempo a afondar neste terreo, como queda constancia nos numerosos cursos, congresos, seminarios e grupos de traballo aos que asistiu, coordinou ou dos que foi relatora, así como polos proxectos desenvolvidos nos centros polos que pasou, algúns deles primeiros premios de Innovación Educativa. Escribiu artigos relacionados con esta temática. Un dos seus proxectos sobre a arte e as emocións foi o premio CREARTE do MEC.