Fernández Retamar, Roberto

retamar
Fernández Retamar, Roberto

Roberto Fernández Retamar (A Habana, 1930) cursou a carreira de Filosofía e Letras na universidade da Habana e doutourouse en 1954 cunha tese titulada La poesía contemporánea en Cuba (1927-1953). En 1960, foi nomeado conselleiro cultural da embaixada de Cuba en Francia. Desenvolveu, ademais, o cargo de secretario da Unión de Escritores y Artistas de Cuba entre 1961 e 1964 e dirixe a revista Casa de las Américas desde 1965 e a institución do mesmo nome desde 1986. Na inxente nómina das súas publicacións ensaísticas e de crítica literaria sobrancean títulos como Ensayo de otro mundo (1967), Para una teoría de la literatura hispanoamericana (1975) ou Para el perfil definitivo del hombre (1981). Estreouse como poeta co libro Elegía como un himno en 1950 e, desde aquela, publicou máis de vinte volumes poéticos, entre os que cómpre citar Alabanzas, conversaciones (1955), Con las mismas manos (1962), Buena suerte viviendo (1967), Que veremos arder (1970), Juana y otros poemas personales (1981), Hacia la nueva (1989) ou Aquí (1995). En 2002 reuniu unha ampla selección dos seus poemas, titulada Versos.

As súas obras

Conversa. Antoloxía 1951-1996
conversa
13.95€ CON IVE