Nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño ou Raimundo Antela. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d’a Portela, Nós, A Nosa Terra, Lar, Faro de Vigo, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega… Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.