(Sistallo, Cospeito, 1965) é xornalista e durante moito tempo foi xerente da Fundación Rogelio Groba. Da colaboración co compositor naceron a súa biografía oficial (Meditacións en branco e negro), un libro de conversas (Diabolus in musica), así como varias colaboracións como letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga. O noso Rei, e unha adaptación do conto de Perrault O gato con botas), unha cantata (Corpus en Ponteareas) e un réquiem (Samaín. Réquiem galego), entre outras obras. Amais é autor de Ponteareas máxica, recompilación de lendas tradicionais desta vila relatadas en verso, o libro de relatos Crónicas de Embora e a novela Tres feridas.