Zarauz, 1961. Licenciado en Filoloxía Éuscara, dedícase por enteiro a cultivar as súas máis diferentes facetas: é bertsolari, escritor de guións e dos máis diversos xéneros literarios. Como investigador, destacan as súas achegas sobre o proceso interno da creación improvisada. Editorial Galaxia publica un dos seus textos dedicados ao público máis novo: A min non me gusta o fútbol.