Echenique, Iñigo

Echenique, Iñigo

Naceu en 1957 en Vigo. É un apaixoado do mar e do que con el se relaciona. Navegante a vela e mergullador afeccionado, traballa como enxeñeiro naval proxectando barcos de moi diferentes tipos, desde buques escola ao primeiro Copa América español que regateou en augas de San Diego. Algúns dos seus deseños representaron o nome de Galicia. Tal é o caso do veleiro da clase 3/4 que gañou en 1993 e 1994 os campionatos do mundo como Galicia Calidade e Xacobeo ou da traiñeira coa que os remadores de Tirán se clasificaron en primeiro lugar no campionato de España de 1997.    

Sentindo curiosidade polos asuntos máis diversos, investigou con entusiasmo desde a hidrodinámica das aletas dos golfiños ao significado dun petroglifo de hai tres mil cincocentos anos. Entre 1985 e 1990 publicou numerosos artigos relacionados cos barcos de vela. Madeira de mar é o seu primeiro libro do que, ademais, realizou as ilustracións e os debuxos.

As súas obras

Madeira de mar. Apuntes sobre a gamela
foto
esgotado