José Mª Durán Medraño (Vigo, 1971) é profesor de historia da cultura europea na Universidade Hanns Eisler de Berlín. Foi gañador do Premio Escritos sobre Arte da Fundación Arte y Derecho polo libro Iconoclasia, historia del arte y lucha de clases (2009). É tamén autor de Hacia una crítica de la economía política del arte (2008) e A obra pictórica de Xosé Lodeiro (1997); e editor de Aínda, O Capital. Novas perspectivas acerca de Marx e O Capital en Alemaña (2009) e William Morris: Trabajo y comunismo (2014).