Directora e activista teatral, actualmente traballa na Factoría Teatro, compañía creada coa idea de facer un teatro galego igualado á vangarda europea no que, ademais, están presentes outras artes. Impartiu diversos cursos relacionados coa voz e a dicción, tema que tamén ocupa o seu libro Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz.