Domínguez Almansa, Andrés

Domínguez Almansa, Andrés

Andrés Domínguez Almansa (Vigo, 1966) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos xiran arredor de tres eixes fundamentais: o estudo do asociacionismo no ámbito rural, a transformación da sociedade galega a través do deporte e a destrución da modernidade tras o golpe de estado de 1936. Froito destas liñas de publicación, publicou A formación da sociedade civil na Galicia rural. Asociacionismo agrario e poder local en Teo (1890-1940), A cultura deportiva e a Universidade de Santiago, en Gallaecia Fulget. Cinco siglos de historia universitaria, Los orígenes de un fenómeno de masas contemporáneo: deporte, modernidade y mentalidad burguesa en Galicia, en El siglo XX, balance y perspectivas, e Mujer, memoria y represión, en IX Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea. Actualmente é investigador do Proxecto de Investigación Interuniversitario As vítimas, os nomes e as voces, onde estuda a represión da Guerra Civil e o franquismo en Galicia.

As súas obras

Historia social do deporte en Galicia. 1850-1920
historia
25.75€ CON IVE