Xavier P. DoCampo (Rábade, 1946) é mestre e un dos máis prestixiados escritores galegos no campo da literatura para rapaces. Iniciou a súa andaina literaria con O misterio das badaladas (1986), unha novela que se confirmou como un dos grandes éxitos editoriais da literatura xuvenil galega. Despois publicou Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), A chave das noces (1987), O armario novo de Rubén (1989), A nena de auga e o príncipe de lume (1989), Roxelio e a couza (1991), O país durminte (1992) e Cando petan na porta pola noite (1994), obra coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.