Dónega, Marino

donega
Dónega, Marino

Avogado e político, naceu en Huelva en 1916 e morreu na Coruña en 2001. Activo militante galeguista desde mozo, presidiu en 1936 a Mocedade Galeguista da Coruña. Foi un dos socios cofundadores da Editorial Galaxia, entidade que presidiu de 1980 a 1996. En 1978 foi nomeado conselleiro de Cultura da Galicia preautonómica. Foi membro dalgunas das institucións galegas máis salientables, como a Real Academia Galega, o padroado do Instituto da Lingua Galega, a Fundación Penzol, a Fundación Otero Pedrayo e membro de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Da súa obra escrita destacan os libros A memoria e os amigos, Luis Seoane: vida e obra literaria e De min para vós. Unha lembranza epistolar.

As súas obras

De min para vós. Unha lembranza epistolar
de min para vos
22.95€ CON IVE