
(Pontevedra, 1998) é graduado en Socioloxía e en Relacións Internacionais e mestre en Desenvolvemento Económico pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade Iaguelónica de Cracovia e a Universidade de São Paulo. Fundou e preside a revista cultural O Ferrado e, entre as súas publicacións, figuran a novela Alén (2020, Premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega) e as obras colectivas Un país en pensamento (2025) e A pesar dos pesares (2026).