Delgado Gurriarán, Florencio

florencio-delgado-gurriaran
Delgado Gurriarán, Florencio

(Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). Avogado, en 1933 ingresou no Partido Galeguista. Co golpe de Estado de 1936 marchou do Barco e entrou no exercito republicano. Desde Francia colaborou na expatriación dos republicanos exiliados ao tempo que asumía a Secretaría de Propaganda da executiva do Partido Galeguista. En 1939 estableceuse en México. No exilio mantivo activo o seu compromiso político, vinculado a Castelao e ao Consello de Galiza, foi representante de Galicia na delegación de Galeusca en México e un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega neste país. En 1981, a Real Academia Galega nomeouno académico correspondente.

Colaborou en diferentes revistas, especialmente nas americanas Vieiros e Saudade, e publicou os poemarios Bebedeira (1934), Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949, en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1986), e coordinou, editou e participou en Cancioneiro da loita galega (publicación do Partido Galeguista, 1943), manual poético de resistencia, denuncia e reivindicación.

As súas obras

Galicia infinda
9788491517856
14.00€ CON IVE
O soño do guieiro
9788491517863
15.00€ CON IVE
Bebedeira
9788491517849
13.20€ CON IVE
Antoloxía poética (Florencio Delgado Gurriarán)
9788491518051
16.00€ CON IVE