é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento
de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012).
Os seus libros máis recentes son Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019), Xosé María Álvarez Blázquez, mestre republicano (Editorial Galaxia, 2019), Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés (Editorial Galaxia, 2021) e Os mestres mortos daquel verán (Editorial Galaxia, 2023).
Recibiu os premios de investigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica por Escolantes e escolas de ferrado (2001) e o Concepción Arenal por Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006). Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.
Foto do autor © Cristina Vatiell