Licenciado en Dereito pola USC. Ademais deste premio, recibiu outros como o Vieiragrino (2017), en Valencia, polo relato La leyenda del diablo que viajaba en autobús. Nese mesmo ano foi galardoado cun accésit pola novela curta La isla de hierro, no XXII certame literario Santoña… la mar. Outros tres relatos seus, Desde un autobús, A las dos en punto de la tarde e Carretera a ninguna parte, tamén o foron no ano 2018 no XIII Concurso de Relatos de Viaxe da editorial Moleskin. En 2019 gañou o X Premio Internacional de Novela Alcorcón Siglo XXI, con Hubo un tiempo mágico y distante. Tamén publicou outros ensaios como Compostela, mil años de literatura y La evolución urbana de Santiago.