(Torrelavega, 1977) segue desvelando os segredos ocultos da Historia de Galicia na súa segunda novela, Misarela. Tras o éxito inicial de Portosanto, chega agora esta trepidante aventura que nos mergulla nun dos misterios máis esgazadores do final da Idade Media.
Profesor de ensino secundario, licenciado polo INEF Galicia, desempeña o seu labor docente no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela. Anteriormente ocupou diversos cargos directivos no CPI dos Dices, nomeadamente o de director, destacando no seu compromiso co ensino público e coa xustiza social que del deriva.
Foto do autor de Paula Amati.