Sandra Comino é escritora, profesora e xornalista. Naceu en Junín, Buenos Aires, Arxentina. A súa infancia transcorreu nun casal no campo onde todas as mañás ulían a manteiga, doce de leite e pan. Desde a metade da década dos oitenta reside na Capital Federal; alí comezou a frecuentar a literatura e o xornalismo, e é o lugar onde naceron as súas fillas. Actualmente traballa preparando docentes e bibliotecarios sobre literatura infantil, en Buenos Aires, e percorre o país levando ficcións propias e doutros autores na súa maleta de contos en presentacións de lectura en voz alta. Colabora no suplemento Radar Libros do xornal Páxina 12 e exerce o xornalismo en medios do seu país e no exterior. Forma parte do consello editorial da revista La Mancha e integra o comité que organiza a Feira Infantil de Buenos Aires.
Entre os seus libros hai que sinalar Así en la tierra como en el cielo, finalista do concurso Norma Fundalectura, 1997; La enamorada del muro, Premio A la Orilla del Viento 1999, de Fondo de Cultura Económica, México; La casita azul, Premio Iberoamericano de Novela 2001, obra publicada en Arxentina, Brasil, Canadá, Cuba e agora tamén en Galicia.