Sidonie-Gabrielle Colette (Saint-Sauveur-en-Puisaye, 1873 – París, 1954), novelista, periodista, guionista, libretista e artista de revista e cabaré, trasladouse a París co seu primeiro marido, o escritor Henry Gauthier-Villars, coñecido polo pseudónimo de Willy, quen a animou a escribir, pero en beneficio propio, a serie de Claudine, que comprende as novelas Claudine na escola (1900), Claudine en París (1901), Claudine casada (1902) e Claudine vaise (1903). Deulle fama internacional a súa novela Gigi (1944), levada ao cinema en 1958 por Vincente Minnelli. Foi a primeira muller en entrar na Academia Goncourt, que chegou a presidir, e recibiu a Lexión de Honor de Francia.