O proceso creativo de Rosendo Cid (Ourense, 1974) combina o textual e o plástico. En galego publicou A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria (2021; I Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea), o poemario Sobrevivir na era da incerteza (2021) e o libro de relatos O señor H (2024). Baixo o nome de Eduardo Torres, practicou a arte de riscar xornais.