Castroviejo, Xosé María

Xose Maria Castroviejo (002)
Castroviejo, Xosé María

(Santiago de Compostela, 1909-Tirán, Moaña, 1983) estudou Filosofía e Letras e Dereito, para se dedicar despois ao xornalismo, chegando a dirixir El Pueblo Gallego, que tivo que deixar en 1955 por negarse a someterse ás directrices da censura franquista. Poeta, narrador, ensaísta, conferenciante e dramaturgo, é autor dunha abondosa obra en castelán, da que cómpre salientar o poemario Mar del Sol. Poemas de un diario de a bordo (1940), e a recreación da figura de Benito Soto en La burla negra (1955), así como as súas colaboracións con Cunqueiro en Teatro venatorio y coquinario gallego (1958) e Viaje por los montes y chimeneas de Galicia (1962). En 1964 publicou, en galego, Tempo de outono e outros poemas, onde se aprecia o seu gusto polos aspectos sensoriais e unha poética que vai do imaxinismo de Amado Carballo á simboloxía mariña de Manuel Antonio.

 

As súas obras

MEMORIAS DUNHA TERRA
Memorias dunha terra OBRADOIRO 8,5 mm.indd
16.90€ CON IVE