Luis Castro Enjamio, coñecido como Enjamio, naceu na Habana en 1962 e reside en Vigo. É un ilustrador.
Alá polo ano 1962 escoitouse un berro nunha illa do Caribe. Nacera Enjamio e a súa nai exclamou: ¡Uf, que alivio! De pequeno Enjamio flipaba cazando lagartiñas para colgalas das súas orellas e sentía unha especial atracción pola guerra das cuspidas. Logo, fíxose grande e marchou da illa a un continente. ¡Vaia cambio! Pero, por suposto, non viaxou nunha dentadura postiza, aínda que ao mellor lle gustase…