(Guitiriz, 1976) é doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Comunicación Audiovisual e Historia da Arte. Desenvolve a súa carreira profesional vinculado ao sector audiovisual, á xestión cultural, á investigación e á docencia no IES Arcebispo Xelmírez I e na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Ademais, é autor de Manual do misántropo (Premio GzCrea de Poesía, 2006) e está incluído na antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI (2011).