Membro da coruñesa familia Carré, fillo de Eugenio Carré Aldao e irmán de Leandro, Gonzalo, Luís e Carlos. Naceu en 1885 e morreu en 1967 na propia cidade da Coruña. Foi autor de varios textos literarios en lingua galega, entre os que destacan o conxunto de poemas Da raza, publicado en 1919 na colección literaria "¡Terra a nosa!" do xornal El Noroeste; Macías o namorado e As miñas viaxes ás grañas do Sor.