Camus, Albert

camus
Camus, Albert

Albert Camus (1913-1960). Escritor e filósofo francés nado en Alxeria, destacou como dramaturgo e novelista, traxectoria pola que obtivo en 1957 o Premio Nobel de Literatura. Entre os seus títulos máis notables figura O estranxeiro, publicado en 1946 e que se vincula coa vaga existencialista que percorre Francia nos anos trinta e corenta do século XX.

Intelectual de sólidas conviccións, durante un tempo militou no Partido Comunista de Francia, para despois vincularse cos movementos anarquistas e libertarios. En 1942 publicou un ensaio titulado O mito de Sísifo no que formula os aspectos básicos do que logo se vai coñecer como literatura do absurdo.

Galaxia publica na Biblioteca ESAD Galicia as pezas teatrais Calígula. O malentendido. Outras obras súas son Os xustos (1950) e a novela A peste (1947).

As súas obras

Calígula. O malentendido
caligula
21.90€ CON IVE