Cabeza Quiles, Fernando

cabeza
Cabeza Quiles, Fernando

Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953), diplomouse primeiramente en Maxisterio e despois licenciouse en Filoloxía Hispánica. Colaborador tanto en prensa como en radio, é socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Pertence tamén á Asociación Galega de Onomástica. Dedícase ao estudo e divulgación da toponimia galega e é autor dos libros Os nomes de lugar (1992) e Os nomes da terra (2000). Paralelamente ás súas investigacións toponímicas, desde mediados da década dos 90 publicou varios libros de relatos en galego, en especial de narrativa infantil ou xuvenil. Algúns dos seus traballos desenvolven temática etnográfica, histórico-ensaística e mesmo xacobea.

As súas obras

Contos azuis
contos
14.00€ CON IVE
Toponimia de Galicia
toponimia
esgotado