(Logroño, La Rioja, 1967). Vive en Galicia desde 1991. Doutor en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade de Navarra. Traballou como xornalista en El Correo Gallego, Ría de Vigo e España Exterior. É autor de nove libros, entre eles O humor en cadriños (2012), O humor galego alén da retranca (2012), O humor en cadriños II (2017) e Falemos de caricatura (2018), este último con Siro. Ten publicado artigos sobre o humor en capítulos de libros e revistas de comunicación. Ten feito viñetas de humor para algúns xornais e revistas, como Tudela Navarra, O Correo Galego e Ollo Público.