Naceu na República federal de Alemaña en 1944. Desde hai dez anos dedícase exclusivamente á literatura, actividade que durante moito tempo fixo compatible cun intenso traballo editorial. Os seus libros para nenos, que están traducidos a máis de dez linguas, acadaron unha grande aceptación entre os lectores e os críticos, que unanimemente consideran a Achim Bröger como un dos escritores de literatura infantil e xuvenil máis importantes de Europa. O seu libro A avoa e mais eu recibiu o Premio Alemán ao Libro Xuvenil en 1987 e foi incluído na lista de honor do IBBY do mesmo ano.