Nacín no ano 85. Dende cativo estiven mergulaldo en cores, metido en todo tipo de proxectos creativos, en solitario ou cos meus grupos de colegas. O que foi unha paixón inconsciente de neno converteuse nunha forma de vida, e hoxe dedícome profesionalmente á creación e investigación de contidos gráficos.
Encántame viaxar e descubrir novas formas de ser e crear, lugares novos que estimulan os meus traballos, así que aproveitei a linguaxe internacional das imaxes para facer numerosas viaxes polo mundo, producindo obra artística en países como Portugal, Francia, Bélxica, Italia, países Baixos, Alemaña, República Checa, Eslovaquia, Hunbría, Ucraína, Romanía, Moldova, Bulgaria, Bosnoia, Serbia, Grecia, Turquía, a Arxentina, Chile, Venezuela, Bolivia, O perú e Ecuador, ata hoxe.
Actualmente vivo nun avión entre Galicia e Barcelona, onde compaxino os meus proxectos artísticos persoais co meu traballo como muralista, ilustrador e investigador no programa de doutoramento da UVigo e da UBarcelona.
Atopei o hip hop escoitando cintas de casete cos amigos da infancia, osmando nas letras e novos estilos, alucinando coa chegada da “Zulu Nation” á miña cidade…. Logo, xa no instituto, foron entrando na miña vida cotiá os beats de turntablism nos concertos da fin de semana, os temas de rap de aquí e de alá que pasaban de man en man, as noites de beatbox no parque, os bailes de break baixo os farois e as primeiras misións de graffiti escapando da casa para pintar.
Esta forma de vida cambiouno todo para min, concetoume a unha enorme rede de xente con ideas e prácticas artísticas comúns. Foi incrible! Nunha época lembro ter máis de cinco aka ao mesmo tempo, dedicándolle todo o meu tempo libre. Aínda gardo máis de corenta cadernos de debuxos e rimas.
Eses días, buscando e perfeccionando o meu estilo propio nas “Columnas”, evolucionaron ata producións máis compelxas, que me levaron a exhibicións, viaxes alucinantes, xentes pitnorescas e moitos, moitos momentos inesquecibles.
Hoxe, moitos anos despois daqueles inicios, con esta publicación quero inmortalizar algunhas desas experiencias persoais, e compartir convosco eses truquiños para viaxar sen perderse neste universo do hip hop.
Work in Pregress. Progress in Work.