Bernhard, Thomas

thomas-bernhard
Bernhard, Thomas

(1831-1989) é un poeta, novelista e dramaturgo austríaco de expresión alemá que figura entre os autores contemporáneos máis recoñecidos pola calidade e a extrema novidade da súa obra. De neno, estudou música grazas ao empeño do seu avó, Johannes Freumbichler, e de mozo interpretación na Universidade Mozarteum de Salzburgo. De saúde febre por mor da tuberculose, a súa vida vai estar moi marcada pola experiencia do abandono e da soidade, e a súa obra pola presenza da morte, da tolemia, da podremia, e por unha visión crítica da realidade social e cultrual do seu país. Tal vez por iso o monólogo adquira en toda ela unha presenza enorme, sempre sometido a unha permanente experimentación formal. En galego, realizouse a tradución da peza Na meta (Am Ziel, 1981), que foi espectáculo en 2010 con dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra. En 1970, Bernhard recibiu o premio Georg Büchner, o máis importante das literaturas en lingua alemá.

As súas obras

O facedor de teatro
ofacedordeteatro
18.00€ CON IVE