(Berlín, 1892-Portbou, 1940). Filósofo, ensaísta e crítico literario, estivo vinculado á Escola de Frankfurt, coa que mantivo numerosos desacordos. Considerado o crítico literario alemán máis importante da primeira metade do século XX, tras ser rexeitada a súa tese de doutoramento pola Universidade de Frankfurt (A orixe do drama tráxico alemán, 1928) instalouse en París en 1933 escapando do ascenso ao poder dos nazis, de onde fuxiu cara ao sur tentando chegar aos Estados Unidos a través de España. Cando soubo que ía ser entregado á Gestapo na fronteira franco-española, suicidouse.
Entre as súas obras destacan: O concepto da crítica da arte dentro do romanticismo alemán (1920), A tarefa do tradutor (1923), as póstumas Iluminacións (1961), Tentativas sobre Brecht (1966) e Baudelaire: poesía e capitalismo (1969), e a novela Rúa de sentido único (1928), entre outras.