Afonso Becerra de Becerreá é titulado superior en Dramaturxia polo Instituto do Teatro de Barcelona. En 2001 gañou o Premio Álvaro Cunqueiro coa obra Agnus Patris. Publicou diversos traballos e artigos e participou en varios espectáculos teatrais, combinando así a reflexión teórica coas realizacións prácticas. Pertence ao Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro. Na actualidade é profesor de Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.