(Oviedo, 1970) é licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Historia da Arte e diplomado en Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Cofundou a revista teórica CuCo, Cadernos de cómic, é membro da ACDCómic e colabora con diversos medios, como Faro de Vigo, onde mantivo unha sección sobre historieta dentro do suplemento cultural Visado, en Vigo é, e nas revistas Rockdelux e Mondo Sonoro, entre outros. Foi comisario de exposicións sobre banda deseñada para o Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.